Máis de 22.000 persoas gozaron da patinaxe sobre xeo este Nadal, no recinto feiral de Amio. Entre o 18 de decembro e o 17 de xaneiro todos os composteláns tiveron a oportunidade de aproveitar o seu tempo de lecer cunha proposta chea de deporte e diversión. O 18% dos asistentes foron abonados das instalacións
deportivas do Multiusos Fontes do Sar ou do C.D. Santa Isabel, e o restante 82%
foron non abonados, membros de diversos colectivos (clubs de patinaxe, asociacións de
veciños…), e rapaces de centros escolares (que asistiron dentro da campaña de iniciación
á patinaxe sobre xeo posto en marcha polo Concello de Santiago). A pista de xeo estivo organizada polo Departamento de Deportes do Concello de Santiago e o o Multiusos Fontes do Sar, e contou co patrocinio de Fundación Caixa Galicia e a colaboración de Gadis e Cabreiroá.