Con data de 1 de xullo procederase á actualización das tarifas, tanto do Multiusos Fontes do Sar coma do Complexo Deportivo Santa Isabel, trala súa aprobación pola Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago, coa ratificación e incremento dos prezos segundo o I.P.C. do ano 2008.
Así, a matrícula familiar queda establecida en 39 euros, mentres que as outras matrículas custarán 35 euros. Un abono mensual familiar custará 38,50 euros e cada fillo engadido sumará 3,60 euros. O abono individual dun mes terá un prezo de 30,80 euros. O abono mensual de mañás queda en 21,40 euros, mentres que o junior e o da terceira idade terán un prezo de 16,50 euros. A entrada dunha hora custará 3,60 euros e a xeral 6,50 euros.
Respecto ás cotas de mantemento, a familiar pasará a custar 10,75 euros, e as restantes 7,20 euros. No tocante ao servizo de solarium, unha sesión custará dende o 1 de xullo 2,50 euros.