O 31 de maio procedeuse á retirada do globo presostático e a partires do 9 de xuño os usuarios puideron facer uso das piscinas de verán, que están abertas de luns a domingo de 11:00 a 21:00 horas. Ese mesmo sábado celebrouse no Multiúsos o “Día do deporte” e houbo xornada de portas abertas.
O Multiúsos Fontes do Sar acolle o segundo sábado do mes de xuño o Día do Deporte en Compostela. Ó longo da xornada houbo unha boa variedade de actividades deportivas e recreativas adicadas ós adultos e ós máis cativos, para que fora un día de “deporte para todos”. Coincidindo con esta celebración o Multiusos levou a cabo unha xornada de portas abertas para que, todo o que o desexara, se achegara ata as nosas instalacións e puidera gozar dos nosos servizos completamente de balde.
Amais, a partires do 9 de xuño os usuarios poden utilizar as piscinas descubertas de verán. As instalacións estan abertas ó público tódolos días da semana (de luns a domingo) en horario de 11:00 a 21:00 horas. O prezo de entrada para os non abonados varía en función da idade: de 3 a 6 anos custará 1,70 €; de 7 a 16 anos, 2 €; de 17 a 60 anos, 3,10 €; e os que teñan 60 ou máis pagarán 1,70 €.