Actividades e servizos incluídos no abono
Piscinas (verán e inverno)
Sala de musculación e cardiovascular
Zona de Adestramento Funcional
Pista polideportiva
Tenis de mesa
Sauna e baños de vapor
Contact Karate
Autodefensa
Actividades e servizos complementarios
Adquisición de toalla
Cafetaría
Para ver a oferta de clases dirixidas disponible en cada instalación -Multiusos Fontes do Sar ou C.D. Santa Isabel- deberás consultar os horarios de actividades. Polas características dos recintos pode haber actividades que só se ofrezan nun dos dous centros.
Definición de Actividades
Combina o traballo cardiovascular co de resistencia e potencia. Céntrase na tonificación de pernas e glúteos. A coreografía é doada, con movementos atléticos e potentes.
Antiga danza brasileira que se remonta a varios séculos de antigüidade, na que se combinan as artes marciais coa enerxía do entroido carioca.
Actividade de traballo colectivo sobre unha elíptica específica dirixida por un monitor ao ritmo da música.
Actividade na que se busca acadar unha mellora a nivel cardiovascular, na que o elemento principal de traballo é unha plataforma regulable en altura (step), ao redor da cal se realizan diferentes coreografías ao ritmo da música.
Actividade non coreografiada na que se traballa a forza como cualidade física predominante. Realízase fundamentalmente un traballo de tonificación muscular con soporte musical, empregando diversos tipos de materiais (barras, gomas, mancuernas…).
Sesión de exercicio físico con pesas que se amosa como un dos métodos máis efectivos de adestramento da resistencia muscular. Está baseada en movementos moi simples realizados ao ritmo da música e que non precisan dun alto nivel de coordinación.
Clase dirixida con coreografías de aeróbic e step ao ritmo da música na que se poñen en práctica diversos exercicios a unha intensidade moderada. Favorece a coordinación, a flexibilidade e a relaxación.
Actividade de tonificación muscular na que nos centramos nun traballo máis localizado da musculatura abdominal e do tren inferior (glúteos e pernas).
Realización dun conxunto de exercicios dedicados a fortalecer e a tonificar tres zonas do corpo, glúteos, abdominais e pernas, que moitas veces son as máis afectadas pola vida sedentaria.
Modalidade do Kick Boxing. A súa base é a aprendizaxe e aplicación práctica das técnicas de combate. Trátase dunha sesión moi dinámica, de movemento constante, que nos aporta unha gran resistencia física e que nos axuda a mellorar a condición física.
Clase apta para todos os públicos, tanto para quenes buscan estar en forma e facer exercicio, como para quenes queiran chegar incluso ata a alta competición. Realízase unha intensa actividade física co uso de elementos que axudan a descargar enerxía negativa: traballo de saco, puching ball, paos…
Sesión de acondicionamento físico global de baixa intensidade, especialmente indicado para as persoas máis maiores ou principiantes.
Nesta actividade realízanse diferentes exercicios de estiramentos para traballar fundamentalmente a flexibilidade do corpo.
Método de orixe chinesa que busca o equilibrio interno a través dunha serie de posicións harmónicas combinadas cunha respiración e métodos de vida tranquilos.
Método de orixe hindú baseado nuns sistemas repetitivos máis ou menos complexos. Os beneficios desta actividade radican na tranquilidade transmitida e no acougo interno.
Actividade na que os alumnos van pasando por diferentes estacións (TRX, fitness bag, pesas rusas…). O adestramento funcional en circuito mellora a forza, a velocidade, a potencia, a mobilidade, a estabilidade, a coordinación, o equilibrio, a postura e amais axuda a perder peso.
Esta clase aporta numerosos beneficios aos seus practicantes (axilidade, tonificación, forza, vitalidade…). A Reformer é unha das máquinas máis completas deseñadas por Joseph Pilates. O seu sistema de resortes, agarres, poleas e muelles proporcionan unha resistencia variable, o que fai que sexa unha ferramienta moi accesible para todo tipo de públicos, independentemente da súa condición física.
Método de acondicionamento físico que emprega principios específicos que promoven un desenvolvemento equilibrado do binomio corpo-mente mediante o traballo da respiración, a forza e a flexibilidade.
É o sistema de adestramento en suspensión máis famoso do mundo. Ben sexa como complemento ou como alternativa ao traballo de tonificación, TRX axuda a gañar tono muscular dun xeito rápido, efectivo e sobre todo, divertido.
Programa de exercicios de baile inspirados na música latina, cunha mestura de música internacional creada por produtores de prestixio. O seus pasos contaxiosos crean unha festa de acondicionamento físico moi atractiva para divertirse e poñerse en forma.
Programa de adestramento cardiovascular inspirado nas Artes Marciales co que liberarás grandes doses de adrenalina e descubrirás a túa forza interior. Realizarás golpes, puñetazos, patadas e katas, queimarás moitas calorías e conseguirás unha mellor resistencia cardiovascular.
Clase aeróbica dirixida sobre unha bicicleta estática mellorada anatómicamente para favorecer o pedaleo e conseguir unhas sensacións máis parecidas ás bicicletas convencionais. Ao ritmo da música realizaremos un traballo de tipo cardiovascular moi intenso e efectivo.
É unha experiencia diferente de ciclismo indoor coas mellores músicas e coreografías. É unha clase de adestramento interválico na que se suda, se queiman calorías e se libera adrenalina.
Actividade que consiste en realizar dentro da auga os exercicios propios do aeróbic e do step, facendo así un maior esforzo pola resistencia que esta opón, pero sen sobrecarga muscular.