Este domingo o Multixogo será unha festa solidaria a beneficio do Banco de Alimentos á que estades todos invitados. Amais das actividades habituais para os máis pequenos (hinchables, camas elásticas, futbolín, obradoiros…) haberá unha
maratón de Zumba de 17.00 a 19.00 h. da que poderás desfrutar en familia. Para participar tan só tes que traer 1kg de alimentos*. AGARDÁMOSTE! Non nos faltes! * Alimentos non caducados, que non superen a data de consumo preferente, e debidamente
etiquetados.