O Grupo Correo Gallego organizou o IV Día Autonómico do Minibásquet, que se desenvolveu o 2 de xuño no Multiusos Fontes do Sar. Este ano houbo 126 grupos inscritos de 67 colexios, clubes, sociedades deportivas, escolas deportivas de toda Galicia.
Máis de 1.750 nenos e nenas de entre nove e doce anos participaron este sábado na cuarta edición do Día Autonómico do Minibásquet, que se celebrou no Multiusos Fontes do Sar. Dos 126 grupos inscritos, 95 eran de fóra de Santiago. Por provincias, A Coruña contou con 73 equipos, Pontevedra con 23, Ourense con 15 e Lugo con 15.
Os equipos distribuíronse en dúas categorías (Mini e Premini) e disputaron 126 encontros dende as 9:30 ata as 19:30 horas. Houbo un total de 11 pistas dispoñibles para os partidos: sete situadas na pista central, a oitava na pista anexa do Multiusos e tres pistas no exterior do recinto.