O A. Lobelle de Santiago FS volveu celebrar un ano máis nas instalacións do Multiúsos Fontes do Sar o seu popular Campus de Verán. Dende o luns 25 de xuño e ata o sábado 30, decenas de rapaces asistiron a este campus de perfeccionamento de fútbol sala aberto a unha gran variedade de actividades lúdicas e educativas. O alto nivel deste ano fixo que esta nova edición do Campus pasara a ser internacional, de feito un equipo australiano entrena en Santiago dende hai medio mes e quince nenos rusos participaron cos outros rapaces na proposta de formación do equipo santiagués.
Baixo a supervisión dos mellores monitores titulados o clube traballou para que os nenos e nenas melloren técnica e tácticamente os seus coñecementos no deporte. En tódalas xornadas houbo convidados de excepción: tanto os xogadores do Lobelle de Santiago FS, coma os seus técnicos e entrenadores doutros equipos da máxima categoría.