Tralos éxitos dos concertos de Xetafe e Benidorm, a xira ‘2 son multitud’ volveu ofrecer unha gran noite o 21 de xullo en Santiago de Compostela. Andrés Calamaro e Fito & Fitipaldis colgaron o cartel de ‘entradas esgotadas’ no Multiúsos Fontes do Sar ó reunir a case 10.000 persoas.
Ás 22:30 h. os dous artistas saltaron ó escenario mirando “A los ojos” a un público totalmente entregado. Logo chegaría “Viene y va” e tres horas e media de boa música cos dous grandes do rock actual en español. Xuntos e separados, interpretaron temas dos seus últimos discos e agasallaron ós espectadores con moitos dos clásicos; “La Flaca” ou “La casa por el tejado” foron algúns dos temas máis aplaudidos e coreados pola multitude.
A quinta e última cita da xira ‘2 son multitud’ terá lugar o sábado 28 de xullo, no Forum de Barcelona. Tralo conquista do Multiúsos, espérase que o de Barcelona confirme o tour ‘2 son multitud’ como unha das xiras máis importantes da tempada grazas ó éxito de público, crítica e ó alto nivel artístico de tódolos seus concertos.
21 de xullo
9.600 persoas