O 10 de decembro, data da reapertura das Piscinas Fontes do Sar, iniciaranse as clases de natación nas piscinas das dúas instalacións. Nesta ocasión os cursos serán semestrais e, coma sempre, poderán apuntarse tanto os abonados a algún dos dous complexos coma os non abonados (neste caso teñen que estar empadroados no Concello de Santiago). Hai cursos para nenos(en idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos), para adultos, para embarazadas e natación terapéutica. Haberá clases de luns a venres dende as sete da mañá ata as nove da noite, e os sábados pola mañá, para que os que o desexen poidan seleccionar o horario que mellor se adapte ás súas necesidades. En total, e para que todos os que queiran poidan optar ós cursos, ofértanse máis de 2.000 prazas para as Piscinas do Sar e para as piscinas do C.D. Santa Isabel.
Aquelas persoas que desexen inscribirse ós cursos de natación deben facelo de xeito presencial na recepción do Multiúsos ou do C.D.Santa Isabel.