Iniciáronse as clases de PER e de Patrón de Iate no Multiusos do Sar

PER
O 4 de febreiro, comezou unha nova edición dos cursos de P.E.R. (Patrón de Embarcacións de Recreo), que se desenvolverán ó longo de febreiro e marzo nas instalacións do Multiusos Fontes do Sar en colaboración coa escola náutica Portomeloxo.
Debido á alta participación nos cursos (case 40 persoas), dividirase ós inscritos en varios grupos, para que non se produza unha saturación nas aulas e se poida ofrecer unha atención máis personalizada. Os que estean interesados en facer este curso aínda están a tempo de inscribirse na recepción do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel; se son abonados das instalacións deportivas ou membros da USC terán un prezo especial de 250 euros, e se non cumplen estes requisitos pagarán 280 euros (os prezos inclúen IVE e material).
O PER é o título máis demandado e permite o manexo de embarcacións de ata 12 metros de eslora e navegacións de ata 12 millas da costa, incluíndo a navegación entre os arquipélagos canario e balear.

Próximas clases presenciales PER
-luns: 18 e 25 de febreiro. 3, 10 e 24 de marzo
-mércores: 20 e 27 de febreiro. 5, 12 e 26 de marzo
Exame:27 marzo
Horario: 20.00 h. a 22.00 h.
Profesor: Jesús Gómez

PATRÓN DE IATE
E para aqueles que queiran manexar barcos de ata 20 metros de eslora en navegacións de ata 60 millas da costa, o Multiusos Fontes do Sar ofrece dende o 9 de febreiro un curso de Patrón de Iate. As clases teñen lugar tódolos sábados (menos o de Semana Santa) de 10 a 14.00 horas, e corren a cargo dun prestixioso profesor de náutica. O exame para este grupo celebrarase a finais de abril (semana do 21 ó 25). O prezo deste curso é de 360 € para os abonados do Multiusos-Santa Isabel e os membros da comunidade universitaria, e de 390 € para o resto. As prácticas realizaranse tamén nun barco oceánico “full equip”.

Próximas clases presenciais de Patrón de Iate:
-Tódolos sábados, dende mañá día 9 de febreiro, ata o 19 de abril (inclusives), menos o sábado 22 de marzo que é o de Semana Santa.
Exame: última semana de abril
Horario: 10.00 a 14.00 cun pequeno descanso no medio.
Profesor: Nicasio Fernández

Nova lexislación
En novembro de 2007 promulgouse oficialmente unha nova lexislación sobre títulos náuticos que supón un endurecemento dos exames teóricos e un aumento considerable das horas de prácticas obrigatorias (que inclúen prácticas de radio con simuladores que ata o de agora non existían). O Ministerio de Fomento concedeu un ano para daptarse a esta nova normativa, polo que ata inicios de novembro do presente ano non entrará en vigor definitivamente. Xa que logo, os cursos que se desenvolverán no Multiusos Fontes do Sar serán das últimas oportunidades para obter o título dun xeito máis fácil e segundo o plan antigo.

Pin It