Dende hai ano e medio o Multiusos Fontes do Sar contempla entre as súas numerosas actividades o programa de “Escola de Espalda”, unha modalidade multidisciplinar que une o traballo do fisoterapeuta e do instructor para prescribir exercicios específicos enfocados a mellorar o estado da espalda dos participantes.
Para desenvolver correctamente esta actividade existen grupos reducidos, dun máximo de 4 persoas por clase, co fin de poder ofrecer unha atención máis personalizada. Dous profesionais están encargados de velar e de axudar a mellorar a súa calidade de vida: un fisioterapeuta e un licenciado en Actividade Física e do Deporte.
Ó inicio do curso o alumno sométese a unha valoración artromuscular, na que se lle realizan unha serie de probas para determinar o grao de mobilidade da persoa, o seu acortamento muscular e a súa actitude postural (equilibrio, aliñamento…). Despois desta análise o alumno asiste á clase dous días á semana para realizar exercicios específicos para mellorar o estado desta parte do corpo: un día dedícase ó traballo no medio acuático e outro día na sala de actividades con material específico (fitball, bandas elásticas…).
No mes de xaneiro e no que levamos de febreiro incrementáronse notablemente as inscricións nesta actividade complementaria (non incluída na cota do abono) que se imparte no Multiusos Fontes do Sar. Nestes momentos existe un 90% de ocupación das prazas existentes. Para poder particpar desta actividade é preciso estar abonado/a ó Multiusos Fontes do Sar e saber nadar. As clases desenvólvense nos seguintes horarios: luns e mércores de 11:00 a 12:00h. e martes e xoves de 20:45 a 21:45h.
Cursos de natación
Para poder partipar no programa de “Escola de espalda” é imprescindible saber nadar. Por iso, e para todas aquelas persoas que queiran iniciarse antes no medio acuático, aínda están a tempo de inscribirse nos cursos de natación que se desenvolven periodicamente nas instalacións das Piscinas do Sar e no C.D. Santa Isabel. A pesares de que os cursos xa comezaron hai dous meses, os interesados poden apuntarse igualmente sempre e cando no horario que desexen existan prazas vacantes. Aínda existen prazas libres nalgúns cursos de natación para nenos e adultos, en natación preparto e natación terapéutica.