As bandas norteamericanas de metal Slipknot e Machine Head ofreceron o martes 7 de xullo a súa única actuación en Galicia, no Multiusos Fontes do Sar. Unhas 3.500 persoas chegadas de diferentes puntos de toda a xeografía galega encheron o recinto santiagués para gozar do sonido dos norteamericanos. Preme aquí para ver as mellores imaxes do concerto
O grupo de “new metal” SLIPKNOT naceu no ano 1995 en Iwoa, en EE.UU., pero non é ata o 1999 cando publica o seu traballo homónimo. Co seu vocalista Corey Taylor á cabeza, SLIPKNOT foi nominado aos Grammy oito veces, e gañou nunha ocasión pola mellor interpretación de metal (2006). A banda converteuse nunha década nun dos grupos de rock duro máis importantes do mundo, caracterizada polos seus caóticos e enérxicos shows en vivo. Logo de encher festivais e estadios en todo o mundo (Rock in Rio- Lisboa; Sonisphere-Barcelona…)agora regresa aos escenarios para conmemorar nunha xira o 10º aniversario da publicación do seu álbum “Slipknot”.
MACHINE HEAD foi fundada en 1992 en Oakland, California (EE.UU.). Co lanzamento do seu primeiro disco, “Burn my eyes”, conseguiu un éxito sen precedentes polo anovador do seu estilo. MACHINE HEAD erixiuse nunha das bandas de metal máis destacables dos anos noventa. Ten seis discos de estudio no mercado,o último deles publicado no 2007, “The Blackening”. Este álbum devolveulles protagonismo e converteunos en obxecto de publicacións musicais e festivais.