Existen moitos exercicios que axudan a tonificar os glúteos, pero en función das características personais do usuario e dos seus obxectivos pode ser máis indicado un tipo de traballo ou outro. É recomendable consultar co instructor de sala da instalación e co monitor de actividades dirixidas para valorar que tipo de traballo nos convén.
¿Por ónde empezo?
Para poder facer un traballo específico sobre unha zona concreta coma o glúteo é preciso realizar sempre un traballo de base. Deste xeito, un adestramento global nos permitirá potenciar a maior parte dos grupos musculares e preparará o noso organismo para a posterior realización dun traballo específico en aquelas zonas que máis nos interesa desenvolver.
¿Como exercito esta parte do meu corpo?
Os exercicios específicos son imprescindibles para conseguir tonicidade e firmeza muscular. Na sala de musculación atoparás máquinas deseñadas para axudarche a potenciar a zona do glúteo. Amais, no Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel ofértase unha clase dirixida específica de “GAP” (glúteos, abdominais, pernas) que che guiará á hora de realizar os exercicios con corrección para lograr mellores resultados.
¿Convén que faga Pilates?/strong>
Entre os múltiples beneficios do método Pilates atópase a súa efectividade á hora de modelar o corpo. Baixo a dirección dun profesor, realízanse numerosos exercicios centrados no movemento do tren inferior, a corrección postural e o control da respiración que axudan a potenciar a zona do glúteo.
¿A que outras actividades dirixidas podo asistir?
En Elyptic, por exemplo, adóptanse diferentes movementos sobre a elíptica que axudan a endurecer o glúteo; en BodyStep as coreografías sobre o step permiten traballar esta parte do noso corpo; en clase de Tono fanse movementos con cargas lixeiras que potencian tamén esta zona…
¿Existe algún método complementario para potenciar os efectos?
A electroestimulación aporta beneficios no adestramento se se aplica de xeito correcto. Segundo se ten constatado en recentes estudos, o traballo activo con electroestimulación provoca un maior e máis rápido aumento do tono muscular localizado que outro sistema de adestramento. Asimesmo, a plataforma vibratoria Body Coach -que se pode atopar no Multiusos Fontes do Sar- axuda a mellorar a tonificación de zonas concretas do noso corpo grazas á realización de determinados exercicios baixo a supervisión dun profesional.
¿Que outras recomendacións debo seguir?
Debemos combinar a realización de exercicio aeróbico de xeito regular e a execución de exercicios localizados na zona do glúteo, sen esquecernos de seguir una dieta equilibrada e de beber abundante auga.