O 14 de xuño abre o período de inscrición para anotar aos rapaces nos cursos de natación intensivos que se desenvolven nas Piscinas Fontes do Sar durante a época estival.
As clases, destinadas a rapaces a partir de 4 anos, terán lugar os meses de xullo e agosto. Cada curso terá unha duración dun mes, e desenvolverase de luns a venres no horario seleccionado:
– ás 11:15h
– ás 12h
– ás 12:45h
O prezo do curso é de 10 € para os rapaces abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel, e de 20 € para o resto.