O ciclista David Blanco participou o venres 1 de outubro nunha actividade de FitBike no Multiusos Fontes do Sar. O compostelán subiu á bicicleta de ciclismo indoor para simular con todos os asistentes unha etapa ciclista, con subidas, baixadas… ao ritmo da música. Máis de 40 persoas non quixeron perderse esta actividade extraordinaria, na que se contou tamén coa presenza dos instructores do Multiusos Fontes do Sar Rafa, Pumi e Javi Benítez. David Blanco visitou a instalación tras erixirse por cuarta vez en Campión da Volta a Portugal (2006, 2008, 2009, 2010) e logo do anuncio de que na próxima tempada correrá no Geox de Carlos Sastre e Denis Menchov.
Noticias Relacionadas
-
Abrimos a inscrición para o Campus Sar d...
12/11/2024 -
Últimas prazas para participar na II Rut...
12/11/2024 -
Novo MultiSan Day en funcional...
31/10/2024 -
Este xoves non te perdas a súper festa d...
29/10/2024