Dende principios do mes de outubro a oferta de actividades dirixidas do Multiusos Fontes do Sar volve incorporar unha clase de Fit bike ao mediodía. Todos os martes, mércores e xoves, de 15:30 a 16:25h, na sala 6 da instalación, os usuarios poden exercitar o seu corpo ao ritmo da música nunha divertida sesión sobre a bicicleta estática.
Que é o ciclismo indoor? Trátase dunha clase aeróbica dirixida, na que se combina o uso dunha bicicleta estática -mellorada anatómicamente para favorecer o pedaleo e conseguir unhas sensacións máis parecidas ás bicicletas convencionais- e o uso da música para tentar reproducir todo aquelo que facemos nunha bicicleta de estrada: subir montañas, sprintar para ser os primeiros en chegar…
A quen vai dirixida? En clase de Fit-bike pode participar xente de todas as idades e de calquera nivel, de aí tamén a súa gran popularidade. Nesta actividade todos faremos o mesmo e ao mesmo tempo, só nos diferenciará a cantidade de dureza que poñamos á nosa bicicleta. Amais, o ciclismo indoor está considerado unha actividade de baixo impacto, o que significa que se reduce o risco de lesión e se minimiza o estrés sobre as articulacións.
Que beneficios nos aporta o ciclismo indoor?
Poderiamos simplificar e pensar que os seus beneficios se notan únicamente en pernas e cadeiras, xa que o deporte sobre a bici axuda a fortalecer, a perder peso, a reducir cartucheiras e celulite… pero os seus beneficios van máis alá. De feito, cun pedaleo moderado e continuo estamos exercitando enormemente o noso corazón e, en definitiva, fortalecendo o noso organismo. O pedaleo contribúe a que o corazón se agrande, o que conleva que cada latido sexa máis potente, e por tanto que poida trasladar máis sangue ao resto do organismo, que favoreza a circulación sanguínea faciendo que se aumente o calibre das arterias coronarias reducíndose en gran medida a tensión arterial.
Como se desenvolve a clase? A clase dura aproximadamente 60 minutos, durante os cales se tratará de recrear paseos en bicicleta por diferentes tipos de camiños e lugares ao ritmo da música, que axudan tanto a regular o pedaleo como a controlar a intensidade. Uns 10 minutos adícanse ao quencemento, 40 minutos á fase de traballo, e os últimos 10 minutos ao estiramento dos músculos que se traballaron. Aínda que a priori poidamos pensar que co ciclo indoor estamos traballando principalmente o tren inferior (cuadriceps, femorales, aductores, glúteos, xemelgos…), tamén exercitamos aínda que en menor medida o tren superior (pectoral dorsal, abdome, bíceps, tríceps), polo que é unha actividade moi completa muscularmente. E ademais, nunha sesión de Fit-Bike poderás perder entre 600 e 800 calorías, o que che axudará a queimar graxas.