Cadena DIAL conmemora nestas datas o seu vixésimo aniversario cunha xira de concertos que comezou o 11 de marzo en Santiago de Compostela coa actuación de Miguel Bosé. Preto de 9.000 persoas gozaron da música en directo do intérprete de “Sevilla”, “Bandido” ou “Morena mía” no Multiusos Fontes do Sar.
Bosé ofreceu un espectáculo sofisticado e sorprendente, inmerso dentro do seu Cardio Tour 2011. Cunha posta en escena orixinal e vangardista, en máis de dúas horas de concerto desglosou varios dos temas do seu repertorio de sempre, co apoio e os coros do público alí congregado, e moitas das cancións que dan forma ao seu último traballo.