O Complexo Deportivo Santa Isabel incorporou 7 máquinas novas para o traballo de tonificación do tren superior (1 Incline Press, 2 Shoulder Press, 2 Pectoral Fly/Rear Delt, 1 Bíceps/Tríceps, 1 Chest Press, 1 Lat Pull/Vertical Row), 4 máquinas para o traballo de tonificación do tren superior (2 Vertical Row:, 1 Tríceps Curl, 1 Inspiration Lat Pulldown) e nova maquinaria cardiovascular (2 Total Body Trainer, 2 Stepper.
O Multiusos Fontes do Sar incorporou 7 máquinas novas de traballo do tren inferior (2 Leg Curl, 2 Abductor/Aductor, 2 Leg Extensión, 1 Standing Calf) e 14 de tonificación do tren superior (1 Smith Machine, 1 Incline Press, 2 Shoulder Press, 3 Pectoral Fly / Rear Delt, 2 Vertical Row, 1 Bíceps Curl, 2 Chest Press, 1 Tríceps Curt). Amais, o centro conta agora con dúas KRANKcycle, bicicletas de man que permiten adestrar de xeito aeróbico a parte superior do corpo, que se adaptan ás necesidades de persoas con necesidades especiais.