¿Como podo baixar a barriga? A práctica de exercicio físico para lograr melloras estéticas, de saúde e de rendemento deportivo está cada vez máis extendida entre a sociedade. Especialmente agora que se aproxima a tempada estival, moitas persoas apuran as súas horas de ximnasio para lograr un ventre plano ou uns abdominais marcados. Pero como en todas as parcelas da vida, no deporte tamén circulan falsos mitos ou lendas urbanas. E unha das crenzas erróneas máis populares é que se fas abdominais conseguirás baixar a barriga.
Falso mito: para baixar a barriga hai que facer moitos abdominais. É moi habitual que os usuarios acudan á instalación deportiva coa única intención de realizar exercicios abdominais para eliminar o comunmente chamado “michelín”. A realidade demostra que realizar exclusivamente abdominais é un método pouco efectivo e en ocasións xera máis problemas que beneficios, especialmente se se realizan sen o asesoramento dun profesional (dores de espalda, molestias cervicais…).
Non existe o adelgazamento localizado. É dicir, non por facer máis abdominais se vai reducir a porcentaxe graxa da zona do tronco. Cando realizamos abdominais estamos tonificando a zona do abdomee. Se non recurrimos a outros métodos (exercicio aeróbico, dieta equilibrada…) para reducir a graxa abdominal, o que conseguiremos ao facer este tipo de exercicio é gañar músculo na zona. Incluso chegaremos a notar cómo aumenta o perímetro da nosa cintura, xa que gañando músculo acabamos gañando volume.
Entón, ¿que debemos facer para obter bos resultados? Para reducir o perímetro da cintura debemos combinar a realización de exercicio aeróbico de xeito regular e a execución de exercicios localizados na zona abdominal, sen esquecernos de seguir unha dieta equilibrada e beber abundante auga.
É recomendable realizar actividade aeróbica de forma regular. Con 30 minutos tres veces por semana é suficiente. As actividades ideIs para lograr este obxectivo son o ciclismo, footing (trotar ou correr), natación ou actividades dirixidas (como bodystep, bodypump, bodycombat… ofertadas nas instalacións).
Debemos realizar exercicios localizados. Os exercicios abdominais son imprescindibles para conseguir tonicidade e firmeza muscular. Non é preciso dedicar moitas horas de adestramento, xa que uns poucos minutos distribuidos entre 5-7 exercicios é máis que suficiente. A clave é a continuidade (máis alá das 8 semanas), máis que a cantidade. Amais de poder adestrar por libre, no C.D. Santa Isabel e no Multiusos Fontes do Sar podes asistir á actividade específica de “Abdominais e Glúteos”, na que aprenderás a executar correctamente os exercicios baixo as ordes dun monitor.
É imprescindible seguir unha dieta equilibrada e beber moita auga. A alimentación é clave se desexamos reducir a graxa da zona abdominal. A dieta debe incluir todos os nutrintes necesarios para o organismo. Deben evitarse os alimentos fritos, os chocolates, o alcol, os postres pesados, os dulces… Cereais integrais, lácteos descremados, froitas, verduras, legumes e un limitado consumo de polo e peixe deben constituir as bases da dieta diaria. Asimesmo, recoméndase beber dous litros de auga ao día por día para eliminar toxinas e purificar o organismo. A diferenza de outras bebidas, a agua só produce beneficios para o cuerpo. É aconsellable beber auga fóra das comidas (polo menos 30 minutos antes ou despois de comer) e antes, durante e despois da actividade física, sempre a tragos pequenos.