TRX é o sistema de adestramento en suspensión máis famoso do mundo. Moitos atletas de elite xa o usan como parte da súa rutina de entrenamento, pola súa capacidade de exercitar o corpo dun xeito funcional. Todos os usuarios do Multiusos Fontes do Sar poden aproveitar en acceso libre e gratuíto todas as vantaxes deste método na sala de musculación da instalación (aula 5).
Xa sexa como complemento ou como alternativa ao traballo de tonificación, TRX axuda a gañar tono muscular dun xeito rápido, efectivo e sobre todo, divertido. Non importa se a persona está habituada ao traballo de pesas ou se se está iniciando na actividade física, pois en TRX o usuario excolle a intensidade e as variantes de cada exercicio. É perfecto para quenes buscan algún obxectivo concreto, ou para os que simplemente queren manterse en forma.