O 20 de marzo inaugúrase unha nova sala no Multiusos Fontes do Sar na que poderás asistir a clases dirixidas de TRX. Entre o 20 e o 30 de marzo, tanto se es abonado do Multiusos coma do Complexo Deportivo Santa Isabel, ven probar GRATIS esta nova actividade nos seguintes horarios:
· Martes 20 e 27 de marzo: 11:30h, 19:30h y 21:30h
· Mércores 21 e 28 de marzo: 10:05h, 20:30h y 21:15h
· Xoves 22 e 29 de marzo: 10:15h, 19:30h e 21:30h
· Venres 23 e 30 de marzo: 11:30h e 20:40h
· Luns 26 de marzo: 19:30h e 21:30 h
Se queres probar, INSCRÍBETE antes na recepción do Multiusos ou por teléfono (981 568 160). Poderás reservar un máximo de dúas sesións.
Se che gusta, a partir de abril poderás desfrutar de CURSOS MENSUAIS para abonados do Multiusos Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel nos seguintes horarios:
· Luns e mércores. 10:05h / 19:30h / 21:30h
· Martes e xoves. 11:30h / 19:30h / 21:30h
O prezo destas clases para abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel é de 7,5 € / mes. INSCRÍBETE dende o 22 de marzo na recepción do Multiusos Fontes do Sar.