Este xoves preséntase no Multiusos un novo curso de Patrón para a Navegación Básica

O vindeiro xoves 31 de maio, ás 20h, terá lugar no Multiusos Fontes do Sar a presentación dun curso semipresencial de PNB para que os interesados poidan dispoñer xa no verán desta titulación obrigatoria para o manexo de embarcacións de recreo. Trala presentación haberá dúas clases presenciais na aula náutica das instalacións os sábados 16 e 30 de xuño, en horario de 10 a 14 horas, e celebrarase un exame oficial extraordinario para este grupo o luns 2 de xullo na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira.

O curso está organizado polo Multiusos Fontes do Sar e a Escola Náutica Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo ENAL XGEN 021, dentro do programa Náutica Popular que ambas entidades realizan conxuntamente. Como é habitual, é de modalidade mixta ou semipresencial, combinando un curso por Internet de última xeración coas dúas clases presenciais. Os alumnos poderán facer as prácticas oficiais obrigatorias en embarcacións homologadas da Escola Náutica Portomeloxo a prezos especiais antes ou despois do exame teórico, según conveniencia.

O PNB (Patrón para a Navegación Básica) permite o manexo de embarcacións de motor sen límite de potencia de ata 7,5 m. de eslora e de vela de ata 8 m. e de toda clase de motos acuáticas, ata 5 millas de distancia dun porto ou lugar de abrigo. Este título é o máis popular pois ademais de non requerir de gran esforzo para obtelo é o máis económico e suficiente para a maioría dos navegantes.

O prezo do curso teórico é de 180 € para os abonados al Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Santa Isabel e de 200 € para o resto. Para inscribirse é preciso enviar un email a cursosnautica@multiusos.net e efectuar una transferencia ou pagar en efectivo o día da presentación.

Pin It