No mes de agosto desenvolveranse novos cursiños de pádel e tenis nas pistas de Sar, e clases de natación nas piscinas Fontes do Sar, aos que poden asistir abonados e non abonados ás instalacións.
As piscinas Fontes do Sar ofrecen cursos intensivos de natación para nenos de entre 4 e 12 anos para os que xa está aberta a inscrición. En total, ofértanse 72 prazas para abonados e non abonados ao Multiusos Fontes do Sar e ao Complexo Deportivo Santa Isabel. Hai clases de luns a venres ás 11:15h, 12:00h e 12:45h. O prezo do curso vai dos 10 aos 20€ ao mes.
As pistas de pádel e tenis de Sar ofertan máis de 300 prazas en cursiños para nenos e adultos, abonados e non abonados aos centros. Hai clases de luns a venres dende as dez da mañá ata as dez da noite, tanto para quenes queren iniciarse no pádel e no tenis, como para os que buscan progresar. Existe a posibilidade de realizar o curso quincenal ou mensual. O curso custa dende 10 € ao mes. Quenes asistiran a clases no mes de xullo poden inscribirse entre o 19 e o 22 de xullo; o resto de usuarios poden facelo a partir do luns 23. En ambos casos deberán facelo na recepción das piscinas Fontes do Sar de luns a venres de 9 a 15h e de 20 a 23h; sábados, domingos e festivos de 9 a 14h.
Máis información no teléfono 981 568 162.