O programa MULTIACTÍVATE dedica esta semana ao adestramento con plataforma vibratoria. Podes asistir a unha sesión GRATIS! Achégate ata Multietetic ou chama para pedir a túa cita (tlfno. 981 568 163) e desfruta dos seus beneficios!
Dez minutos de exercicio sobre a plataforma BodyCoach equivalen a dúas horas de adestramento convencional. Esta revolucionaria máquina permite mellorar a condición física e a funcionalidade articular, controlar a osteoporose ou reducir a celulite.
Body Coach é un método de adestramento profesional que permite exercitar todo o corpo sen perda de tempo e cun risco de lesións mínimo. A plataforma baséase no traballo con vibracións verticais que se transmiten a todo o corpo, de tal xeito que os estímulos logran contraer os músculos ao 100%, cando noutros métodos de adestramento convencionais a porcentaxe se sitúa entre o 60% e o 80%.
O traballo coa Body Coach xera no sistema músculo-tendinoso unha contracción reflexa que mellora a condición física, especialmente no adestramento deportivo, obtendo resultados superiores en termos de forza explosiva, forza máxima, resistencia, potencia e amplitude articular, nun período de tempo menor que co adestramento convencional. A plataforma aumenta tamén o metabolismo basal -o requerimento calórico básico en repouso- e o gasto calórico grazas ao traballo muscular. Amais, ao contrario que no adestramento convencional, os niveis de Cortisol –a hormona do stress- diminúen, polo que aumenta a sensación de benestar. Asimesmo, a plataforma permite traballar con diferentes frecuencias, xerando diferentes aceleracións, o que a converte nunha ferramenta eficaz para previr a osteoporose, amais dun complemento idóneo na recuperación de doenzas como a atrofía, hipononía muscular, pubalxia, problemas no tendón de Aquiles, rehabilitación nos xeonllos e nocellos, esclerose múltiple…