O vindeiro luns estreamos nova actividade: DANZATERAPIA ORIENTAL

O luns 15 de outubro incorpórase unha nova actividade dirixida de acceso libre para todos os abonados: a DANZATERAPIA ORIENTAL. Poderás asistir a clases desta disciplina tanto no Multiusos Fontes do Sar como no C.D. Santa Isabel.

Que é?
Danzaterapia Oriental reproduce movementos circulares e pendulares, predominantemente de pelvis, cadeiras, ventre e brazos. O seu ritmo é fluido, cadencioso e apaixoado, e traballa en especial o ventre, como fan os yoghis, xogando co aire, pero tamén co eixe corporal, a memoria e a espontaneidade.

Horarios
Complexo Deportivo Santa Isabel: luns 11:05h / xoves 18h
Multiusos Fontes do Sar: luns 18h / xoves 11:15h

Profesora
As clases serán Impartidas por Cristina Prego (Danza Oriental Amira Nur)

Pin It