Diversión e deporte danse a man nestas datas nas instalacións deportivas de Compostela. O Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel queren celebrar estes días o lado deportivo do Entroido, e animan a todos os seus usuarios a acudir ao ximnasio disfrazados, co obxectivo de desfrutar do deporte cun sorriso e de xeito diferente. Amais, como novidade este ano, aquelas persoas que non sexan abonadas ás instalacións pero que veñan disfrazadas a algún dos dous centros entre os días 8 e 12 de febreiro, poderán facer deporte totalmente gratis, sen pagar a correspondente entrada.
Noticias Relacionadas
-
Aberta a matrícula para os cursos de pád...
19/06/2024 -
Olimpiadas “Welcome Summer” ...
30/05/2024 -
O 3 de xuño abre a piscina de verán Font...
30/05/2024 -
Aberta a inscrición para os intensivos d...
21/05/2024