Aberta a inscrición para os cursos trimestrais de pádel e tenis para nenos e adultos que empezan en outubro

En outubro empezan novos cursiños de pádel e tenis trimestrais para nenos e para adultos nas pistas de Sar para os que xa está aberta a inscrición. En total hai dispoñibles máis de 350 prazas ás que poden optar tanto abonados como non abonados ás instalacións deportivas.

Consulta aquí a oferta de cursos para nenos
Consulta aquí a oferta de cursos para adultos

Datas de inscrición
·Do 15 ao 19 de setembro: inscrición preferente só para abonados interesados en manter a mesma praza de setembro
·A partir do 20 de setembro: inscrición para abonados
·Dende o 25 de setembro: inscrición para non abonados

Lugar de inscrición
Control de accesos das piscinas fontes do sar

Prezos
Nenos abonados: 33,60€/trimestre (1 día/semana)
Nenos non abonados: 67,20€/trimestre (1 día/semana)
Adultos abonados: 60€/trimestre (1 día/semana)// 79,50€/trimestre (curso de 2 días/semana)
Adultos non abonados: 120€/trimestre (1 día/semana) // 159€/trimestre (curso de 2 días/semana)

É imprescindible estar empadroado no Concello de Santiago para anotarse nos cursos de non abonados. Os cursos son grupais, deben contar cun mínimo de 3 inscritos.

Pin It