O 27 de xuño empeza o Campus Sar

O luns 27 de xuño comezamos con ilusión unha nova edición do Campus Sar, un campamento multidisciplinar para nenos/as de entre 4 e 16 anos que se desenvolverá en horario de mañás durante todo o verán, ata o inicio do curso escolar en setembro.

A actividade está pensada para nenos/as de entre 4 e 16 anos. Haberá actividades ao aire libre, deporte, actividades acuáticas, excursións en contacto coa natureza, xogos, obradoiros, clases dirixidas, actividades en inglés… O campamento desenvólvese de luns a venres de 8:45 a 14:30h, con opción de ampliación de 8 a 15h, e o prezo varía en función do número de semanas escollidas e de se o rapaz/a é abonado/a dos centros ou non.

XA ANOTACHES AO TEU FILLO/A?

PREME AQUÍ para ver a información máis importante.

A semana previa ao inicio no Campus recibirás sempre un sms no que che indicaremos o grupo no que está integrado/a, para que che sexa máis doado o acceso.

ESTÁS PENSANDO EN ANOTAR AO TEU FILLO/A?

Nese caso consúltanos en recepción do Multiusos ou no teléfono 981568160 se hai prazas dispoñibles na semana que queres.

Preme AQUÍ para descargar a túa folla de inscrición e preséntaa en control de accesos do Multiusos ou de Santa Isabel.

Pin It