O Multiusos Fontes do Sar acollerá a fin de semana do 22 e 23 de xaneiro a Liga Nacional de Kárate infantil, na que participarán ao longo de toda a fin de semana preto de 700 competidorxs de 104 clubs de toda España.
Estará permitida a presenza de público no Multiusos do Sar, e a entrada será de balde. Tamén se poderá seguir a competición en directo a través da canle de YouTube da Real Federación Española de Kárate.