Durante o peche dos centros todos os abonados teredes acceso, sen coste ningún, a MULTIHOME 👉 o apartado da nosa web de emisión de actividades dirixidas:
✅ Contarás cunha parrilla semanal con horarios de clases para que poidas organizar os teus adestramentos.
✅ Poderás escoller entre máis de 600 sesións cos monitores das instalacións para facer cando e onde queiras: Fitbike, +60, elyptic, combat, zumba, tono, hatha ioga, kundalini ioga, pump, ab&gl, bodystep, meditación, crosscircuit, tai-chi…
✳️ Se aínda non tes as túas claves de acceso, solicítaas escribíndonos a info@multiusos.net. 🤳🏻
Pechar non é abandonar 🙌 Seguiremos adiante, sempre contigo❕