A PARTIR DE MAÑÁ VOLVE A NORMALIDADE ÁS PISTAS DE PÁDEL E TENIS E RETOMAMOS O RUNNING

Dende este sábado 5 de decembro, atendendo á nova situación epidemiolóxica na cidade de Santiago, volvemos á normalidade de uso das pistas de pádel e tenis Fontes do Sar.

  • Os alugueres de pista poderán ser tamén de non conviventes.
  • Retomamos os cursos mensuais de pádel e tenis. Os participantes conservarán a praza que xa tiñan anteriormente, non terán que facer ningunha xestión.

Por outra banda, a vindeira semana tamén volveremos impartir a actividade de running, para a que coma é habitual, é preciso reservar praza previamente.

Pin It