SEGUIMOS ABERTOS, PERO CON CAMBIOS EN PÁDEL E TENIS

 

No Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel continuamos abertos no noso horario habitual para que poidas seguir realizando exercicio físico de xeito individual, con todas as medidas de seguridade e hixiene en activo.

A nosa oferta de clases dirixidas e de cursiños de natación mantense como ata o de agora, xa que se trata de actividades deportivas que se realizan de forma individual, sen contacto físico nin interacción co resto de asistentes, e mantendo a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, tal como recolle o DOG do 4 de novembro.

No caso do pádel e o tenis, ao tratarse dun deporte no que non se usa a máscara e se comparten espazos, atendendo á nova norma introducimos a partir de mañá unha serie de cambios:
– Nas RESERVAS de pista, só se permite o xogo de un contra un, agás se os participantes son federados ou parellas convivintes.
– Nos CURSOS, procederemos a cancelar os actuais, dado que non cumpren cos requisitos estipulados, e xeraremos unha nova oferta de clases individuais ou para grupos de ata 4 persoas de convivintes ou federados.

No caso de que nos vindeiros días recibamos novas indicacións ou normas máis específicas, volo comunicaremos o máis axiña posible.

GRAZAS por seguir aí.

 

 

Pin It