Se por algún motivo non te podes desprazar á túa instalación para ir ás clases dirixidas, agora poderás facelo dende a casa grazas á nosa plataforma de emisión en directo. Zumba, Fitbike, Combat, +60… son algunhas das sesións que poderás poñer en práctica dende o teu fogar. Consulta AQUÍ a oferta de clases en streaming.
As clases online son só para abonados. Poderás velas entrando coas mesmas claves que usas para a reserva de clases e de piscina. Se aínda non tes as túas credenciais podes escribirnos a info@multiusos.net ou solicitalas en recepción.