Se desexas facer deporte durante estes días, nas nosas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) poderás atopar vídeos titoriais con sesións de adestramento e clases en directo cos nosos instrutores.
Asimesmo, se es abonado das instalacións podes escoller entre máis de 350 sesións e clases virtuais na aplicación de Trainingym. Se aínda non estás de alta na APP, envíanos un mail cos teus datos a multiusos@multiusos.net ou santaisabel@multiusos.net e activámosche.
#euadestronacasa