Corteo, a produción máis encantadora do Cirque du Soleil, agora de xira por Europa en pavillóns. O espectáculo visitará Santiago de Compostela no Multiusos Fontes Do Sar do 5 ao 9 de febreiro de 2020 cun total de 8 espectáculos. Esta produción única, dirixida por Daniele Finzi Pasca, estreouse por primeira vez en Montreal baixo a Gran Carpa en abril de 2005. Dende entón, o espectáculo foi un gran éxito que sorprendeu a máis de 8 millóns de persoas en 19 países distintos en 4 continentes. As entradas para a nova sesión do 9 de febreiro ás 13:30h están xa dispoñibles en cirquedusoleil.com/corteo, Livenation.es, Ticketmaster e El Corte Inglés.
Corteo é unha procesión alegre, un desfile festivo imaxinado por un paiaso. O espectáculo reúne a pasión do actor coa gracia e o poder do acróbata para sumerxir ao público nun mundo teatral de diversión, comedia e espontaneidade situado nun espazo misterioso entre o ceo e a terra. O paiaso imaxina o seu propio funeral, o cal se leva a cabo nun ambiente de carnaval, vixiado por silenciosos anxos da garda. Xustapoñendo o grande co pequeno, o ridículo co tráxico e a maxia da perfección co encanto da imperfección, o espectáculo resalta a forza e a fraxilidade do paiaso, así como a súa sabiduría e amabilidade, para ilustrar a porción de humanidade que hai dentro de cada un de nós. A música vólvese lírica e xoguetona levando a Corteo a través dunha celebración atemporal na que a ilusión se burla da realidade.
O concepto e a disposición do escenario levan ao espectador a unha atmósfera teatral como nunca se vira nos espectáculos do Cirque du Soleil nun pavillón. O conxunto de cortinas, inspirado na Torre Eiffel, e as cortinas centrais, que foron pintadas a man, dan unha sensación grandiosa ao escenario. Esto establece o ton para a poesía de Corteo.
O reparto de Corteo inclúe 51 acróbatas, músicos, cantantes e actores de todo o mundo.
Información de sesións
Mércores, 5 de febreiro de 2020 – 21:30 h
Xoves, 6 de febreiro de 2020 – 21:30 h.
Venres, 7 de febreiro de 2020 – 17:30h e 21:30 h.
Sábado, 8 de febreiro de 2020 – 17:30h (Premium) e 21:30h. (Premium)
Domingo, 9 de febreiro de 2020 – 13:30h (Nova sesión) e 17:30h.
Podedes consultar os servizos de transporte especiais na seguinte ligazón http://www.tussa.org/web/actualidade/nova.php?id=673&lg=cas