Os rapaces e rapazas aboados ao Multiusos Fontes do Sar e ao Complexo Deportivo Santa Isabel de entre 4 e 15 anos tamén poden asistir a actividades dirixidas específicamente deseñadas para eles. Entre as disciplinas que poden escoller están a patinaxe, o kick boxing, a capoeira, o Zumba, o karate e a capoeira.
Nas clases só poden participar nenos e nenas aboados e o prezo é de 6,10€ ao mes a actividade dun día á semana, e 12,20€ ao mes a de dous días á semana. Os interesados poden consultar as prazas dispoñibles na recepción das instalacións.