Aberta a inscrición para os meses de agosto e setembro no Campus Sar

CAMPUSSARVERAN2018Este verán os nenos e nenas de Compostela poderán volver desfrutar da programación multidisciplinar do Campus Sar, que terá lugar no Multiusos Fontes do Sar entre o 22 de xuño ata o comezo das clases no mes de setembro, en quendas semanais. A piscina, as actividades deportivas e os obradoiros centrarán a formación e o entretemento dos máis pequenos, aínda que tamén haberá momento para outras actividades como o fútbol sala, o baloncesto, o baile, os xogos cooperativos, etc. Poderán anotarse rapaces e rapazas de entre 4 e 14 anos.  

As actividades desenvolveranse nas piscinas, no hall de entrada, pistas central e polideportiva, e salas de actividades do Multiusos de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h, e ofrécese a posibilidade de ampliar o horario de 8 a 15 horas para quen o desexe, pagando un suplemento que vai dende os 5€/semana.

Día tipo no Campus

8:00-8:45. Almorzo / recepción dos nenos en cafetaría.

8:45-9:15. Recepción dos rapaces no hall de entrada do Multiusos.

9:15-12:15. Actividades en inglés, actividades deportivas, xogos, obradoiros, e merenda.

12:15-14:00. Piscina.

14:00-15:00. Recollida.

O campus contará coa presenza de profesionais con formación específica en cada área, entre os que se contan licenciados en educación física, monitores de tempo libre, instructores… Amais de favorecer a conciliación familiar, entre os obxectivos do Campus Sar están que os nenos poidan coñecer e practicar diversos deportes; mellorar en determinadas disciplinas; descubrir diferentes formas de divertimento, cooperación e traballo en equipo; e fomentar que os alumnos desfruten e teñan unha experiencia positiva.

Xa está aberto o período de inscrición. Os interesados deberán anotarse de forma presencial na recepción do Multiusos Fontes do Sar, nas Piscinas Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel. Os prezos son os seguintes:

  • 1 semana: abonados 43€ / non abonados 65€
  • 2 semanas: abonados 82€ / non abonados 126€
  • 3 semanas: abonados 117€ / non abonados 183€
  • 4 semanas: abonados 144€ / non abonados 232€

Se desexas máis información podes consultarnos en recepción das instalacións, escribirnos un correo a campussar@multiusos.net ou chamarnos ao teléfono 981 568 160.

Descarga aquí a folla de inscrición: INSCRICIONCAMPUS2018

Descarga aquí a folla para autorizar a tomar imaxes do Campus: AUTORIZACIONIMAGENMENOR

 

Pin It