Novos cursos de PER e de PNB

PERxaneiro2018Comeza un novo ano de formación náutica no Multiusos Fontes do Sar cun curso de PER (Patrón de Embarcacións de Recreo) e outro de PNB (Patrón para a Navegación Básica).

A presentación de ambos cursos e entrega de materiais será o mércores 24 de xaneiro ás  20.15 horas na  Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar. Impartiranse en  modalidade semipresencial, é dicir, combinando clases presenciais con cursos “on line” de última xeración.  Deste xeito, optimízase o tempo posibilitando o estudio en calquera momento e condensando o dedicado ás clases presenciais.  O exame extraordinario para estes alumnos terá lugar na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira en torno ao 20 de marzo, a falta de que a Xunta publique as convocatorias de exames para este ano.

O curso de PER constará de  8 clases presenciais os mércores de 20:15 a 22:15 dende o 31 de xaneiro ata o  exame.  O de PNB  será de  6 clases os mércores de 21.15 a 22.15 dende o 14 de febreiro ata o exame. O prezo do curso de PER é de 310 € ou de 280 € para os abonados do Multiusos e do C.D. Santa Isabel, e o de PNB de 210 € ou de 180 € para os abonados.

O PER (Patrón de Embarcacións de Recreo) é o título náutico máis demandado. Permite a navegación en embarcacións sen límite de potencia ata 12 millas da liña que discorre paralela á costa, así como a navegación interinsular nos arquipélagos canario e balear e, a partir de agora, a da Península a Baleares só realizando unhas prácticas adicionais. Tamén inclúe o uso de calquera clase de motos acuáticas. O único requisito necesario é ter 18 anos cumpridos no momento do exame. Pola súa banda, o PNB permite o manexo de embarcacións de ata 8 metros de eslora ata 5 millas da costa.

Este curso está organizado pola Escola náutica Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo XGEN 021, e o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela dentro do programa Náutica Popular que ambas entidades veñen desenvolvendo conxuntamente.

Para inscribirse basta con solicitalo enviando un correo a info@nauticapopular.com cos datos persoais, teléfono de contacto e nº de abonado, de ser o caso. Toda a información en www.nauticapopular.com.

Pin It