O domingo 30 de outubro The Chemical Brothers ofreceu un concerto memorable no Multiusos Fontes do Sar dentro do Ciclo Latitudes posto en marcha por Turismo de Galicia, que se enmarca na celebración do Ano da Misericordia. Láseres, robots, proxeccións en pantalla xigante, e dúas horas de espectáculo grandioso.
A carreira de The Chemical Brothers: Tom Rowlands e Ed Simons, prolóngase durante máis de 25 anos e a crítica é unánime ao consideralos os máximos responsables do éxito masivo da electrónica hoxe en día. Cun número incontable de xiras e éxitos ás súas costas e unha espectacular posta en escena, os británicos teñen gañado a pulso ser un dos cabezas de cartel máis codiciados dos festivais de todo o mundo.
O seu big-beat con house, techno, trip-hop, rock electrónico e dance alternativo, os últimos hits do seu disco, ‘Born In The Echoes’, e os éxitos de sempre fixeron do concerto de The Chemical Brothers no Multiusos Fontes do Sar unha cita difícil de esquecer.