Unhas cinco mil persoas desfrutaron na noite do 24 de xullo do único concerto que Melendi ofreceu na nosa comunidade. En máis de dúas horas de actuación o cantante asturiano repasou os seus grandes éxitos e deleitou os asistentes con varios temas do seu último disco.
Melendi é, sen dúbida, un dos artistas máis recoñecidos e admirados do panorama musical e os seus concertos destacan por ser multitudinarios, colgando habitualmente o cartel de entradas esgotadas. O 2016 está resultando ser un ano inmellorable para Melendi. O seu álbum en vivo “Directo a septiembre”, gravado durante a súa xira “Un Alumno Más” no apoteósico e inesquecible concerto de Las Ventas, está obtendo unha excelente acollida por parte de público e medios tanto en España como en América.