O luns 4 de abril empeza unha nova liga de pádel e tenis que se celebrará nas pistas de Sar durante aproximadamente tres meses. Haberá tres categorías, masculina, feminina e mixta, e poderán asistir participantes de todos os niveis, tanto se están comezando no deporte como se xa o dominan, xa que terán tres divisións entre as que escoller, primeira, segunda e terceira.
Se estás interesad@ deberás anotarte na recepción das piscinas Fontes do Sar entre o 18 e o 30 de marzo. Só se permite unha inscrición por división e cada persoa recibirá unha casmiseta da liga. O prezo da inscrición é de 10€ para os abonados e de 20€ para os non abonados.
O 18 de xuño celebrarase unha xornada final na que se desputarán os títulos daquelas ligas que estean formadas por máis de un grupo, mentres que o resto de participantes xogarán “batallas” rápidas entre sí durante toda a tarde. Haberá unha entrega de premios, catering e sorteo de material deportivo entre todos os participantes.