Se queres colaborar, agardámoste o domingo 14 de decembro nas clases extraordinarias de Fitbike que celebraremos en Multixogo ás 17.40h e ás 18.30h. A primeira sesión terá unha duración de 50 minutos e a última será de hora e media. Estarán impartidas polo instructor Rafa Romero e contarán coa presenza do campión de España de maratón Pedro Nimo, o ciclista Gustavo César Veloso e o triatleta Antón Ruanova.
Para asistir tan só tes que inscribirte en recepción do Multiusos para reservar a túa praza, e vir o día 14 coa túa aportación e con moitas ganas de pedalear por unha boa causa. Todo o que se recolla será entregado ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela.
Moitas grazas pola túa axuda!