Se queres anotar ao teu nen@ no Campus Sar aínda estás a tempo, porque hai prazas vacantes para o mes de agosto. Os interesados deberán anotarse de forma presencial na recepción do Multiusos Fontes do Sar, nas Piscinas Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel.
O tenis, o pádel, a natación, o inglés e os obradoiros centran a formación e o entretemento dos máis pequenos, aínda que tamén hai momento para outras actividades como o fútbol sala, o baloncesto, o baile, os xogos cooperativos, etc. O campamento estival está destinado aos rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos de idade. As actividades desenvólvense nas piscinas, pistas de pádel e tenis de Sar, no hall de entrada, pistas central e polideportiva, e salas de actividades do Multiusos de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h, pero por primeira vez este ano existe a posibilidade de ampliar o horario de 8 a 15 horas para quen o desexe, pagando un sumplemento que vai dende os 5€/semana.
Día tipo no Campus
8:45-9:15. Recepción dos rapaces no hall de entrada do Multiusos.
9:15-11:15. Inglés, actividades deportivas, xogos, obradoiros.
11:30-13:00. Natación e merenda.
13:00-14:00. Pádel e tenis.
14:00-14:30. Recollida na pista de tenis.
En pádel, tenis e natación fanse grupos de traballo en función dos niveis, con clases de iniciación e perfeccionamento en cada disciplina. As clases de inglés siguen unha metodoloxía adaptada ás idades e o nivel dos rapaces. O campus conta coa presenza de profesionais con formación específica en cada área, entre os que se contan licenciados en educación física, monitores de tempo libre, instructores de pádel, de tenis e de natación, e profesor de inglés. Amais de favorecer a conciliación familiar, entre os obxectivos do Campus Sar están que os nenos poidan coñecer e practicar diversos deportes; mellorar en determinadas disciplinas, coma o tenis, a natación, etc; descubrir diferentes formas de divertimento, cooperación e traballo en equipo; e fomentar que os alumnos desfruten e teñan unha experiencia positiva.
Os prezos son os seguintes:
1 semana: abonados 42€ / non abonados 62€
2 semanas: abonados 80€ / non abonados 120€
3 semanas: abonados 114€ / non abonados 174€
4 semanas: abonados 140€ / non abonados 220€
Se desexas máis información podes consultarnos en recepción das instalacións, escribirnos un correo a campussar@multiusos.net ou chamarnos ao teléfono 981 568 160.