A AECC estivo nas Fontes do Sar nunha xornada de calor e alta alfuencia de xente para concienciar e trasladar aos usuarios unha serie de recomendacións á hora de expoñerse ao sol co fin de evitar os seus efectos nocivos. Lembra que debes seguir prácticas saudables e adoptar uns bos hábitos para non poñerte en risco. Algúns dos consellos que has seguir son:
· Adquire o bronceado de forma lenta e progresiva.
· Utiliza sempre fotoprotectores (cremas, leites solares…).
· Usa gafas de sol, para evitar a aparición de cataratas.
· Utiliza camiseta e gorro cando realices actividades ao aire libre.
Podes consultar información útil na web da AECC.