Cirque du Soleil estará por terceira vez no Multiusos Fontes do Sar no verán de 2014. Se no 2011 estivo no recinto santiagués co espectáculo “Alegría” e no 2010 con “Saltimbanco”, esta vez o fará co show “Dralion”, entre o 10 e o 20 de xullo de 2014. Despois da visita á capital compostelana, Dralion continuará a súa xira por España, do 23 ao 27 de xullo en Granada, do 16 ao 24 de agosto en Bilbao e do 28 de agosto ao 6 de setembro en Mallorca. Nas súas dúas anteriores visitas o Cirque du Soleil congregou no Multiusos Fontes do Sar a máis de 40.000 persoas. As localidades para este novo evento xa se poden adquirir a través dos puntos oficiais: www.livenation.es, ticketmaster, El Corte Inglés, misterentradas.com e entradas.com. DRALION é a fusión de 3000 anos de tradición das artes acrobáticas chinas co enfoque multidisciplinario de Cirque du Soleil. Inspírase na filosofía oriental e a súa busca incesante da harmonía entre os seres humanos e a natureza. O nome deste espectáculo (pronunciado “Dra-lee-on”) débesa ás súas dúas criaturas emblemáticas: o dragón, que simboliza o Leste, e o león, o Oeste. En Dralion, os catro elementos que rixen a orde natural adquiren forma humana. Deste xeito, cada elemento é representado por unha cor: o aire é azul, a auga é de cor verde, o lume é vermello e a terra ocre. No mundo de Dralion as culturas mestúranse, o home e a natureza son un, e acada o equilibrio.
SANTIAGO DE COMPOSTELA, Multiusos Fontes do Sar
Xoves 10 de xullo 2014 – 21:30h
Venres 11 de xullo 2014 – 21:30h
Sábado 12 de xullo 2014 – 18:00h e 21:30h
Xoves 17 de xullo 2014 – 21:30h
Venres 18 de xullo 2014 – 21:30h (Premium)
Sábado 19 de xullo 2014 – 18:00h (Premium)e 21:30h (Premium)
Domingo 20 de xullo 2014 – 13:00h e 16:30h (premium)
Horario de apertura de taquilla no Multiusos Fontes do Sar:
Luns 14 de xullo. 17h – 20h
Martes 15 de xullo. 17h – 20h
Mércores 16 de xullo. 17h – 20h
Xoves 17 de xullo. 18h – 22h
Venres 18 de xullo. 18h – 22h
Sábado 19 de xullo. 15h – 22h
Domingo 20 de xullo. 10h – 17h
Servizos de transporte para o espectáculo “Dralion”: Tte. urbano – Cirque du Soleil 2014