Campus Sar de Semana Santa

En Semana Santa volve o Campus Sar, para que a cativada poida gozar de mañás cheas de creatividade e diversión.

Datas:
–  14, 15, 16 e 21 de abril.

Idades:
–  Cativada de 4 a 14 anos.

Actividades:
–  Natación, pádel, tenis, actividades en inglés, obradoiros, fútbol, baile, psicomotricidade, baloncesto, xogos cooperativos, conta contos, xogos tradicionais e moitas actividades máis.

Espazos:

–  Levarase a cabo no hall de entrada do multiusos, na piscina, pistas de pádel e tenis, salas de actividades…

Día tipo:
8.45-9.15. Recepción no hall.
9.15-12.30. Actividades en inglés, actividades deportivas, xogos, obradoiros, merenda.
12.30-14.00. Natación.
14.00-14.30. Recollida na piscina.

Inscrición:
–  De maneira presencial nas recepcións do Multiusos Fontes do Sar e C.D. Santa Isabel.
–  Dende o 20 de marzo de 2025.

Prezos:
–  Os prezos serán por día e persoa.

ABONADXS: 10,5€/día

NON ABONADXS: 16€/día

O nenx debe traer:

–  Mochila, gafas, muda, bañador, chándal, merenda, gorro, toalla, roupa deportiva.

Pin It