Fermin Muguruza estará este sábado no Multiusos Fontes do Sar

Foto: Carlos_Marti

Fermin Muguruza actuará en Santiago de Compostela o 15 de marzo de 2025, no marco dunha xira mundial na que celebrará as súas catro décadas de traxectoria musical. Será a única parada que o artista vasco, fundador de Kortatu e Negu Gorriak, faga no noroeste peninsular no marco do seu novo tour -o primeiro tras 11 anos sen realizar xiras internacionais-. As entradas para esta cita están á venda a través do espazo web www.muguruzafm.eus

Servizo de transporte urbano para o concerto:

IDA:
• Servizo lanzadeira continuado desde a rúa da Rosa: de 18:30 a 21:00
• Liña C11: frecuencia o sábado pola tarde de 15’. Entre as 18:30 e as 21:00 (horas por Xeneral Pardiñas) prolongaranse todos os servizos ao multiusos. Resto de horarios: parada próxima ao multiusos na rúa de Londres, cruce con Fontes do Sar. Paradas máis céntricas para o acceso á liña: Xeneral Pardiñas, pza. de Galicia, Ensinanza e Virxe da Cerca.

VOLTA:
• Servizo lanzadeira de volta ata a rúa da Rosa.

 

Pin It