O Soloflow Freestyle de Edgar Torronteras estará en Santiago o vindeiro 20 de xullo

O 20 de xullo ás 21.00h no Multiusos Fontes do Sar celebrarase a quinta parada do show de Freestyle Motocross “Soloflow Freestyle Tour 2024”. Organizado pola lenda deste deporte, Edgar Torronteras, o espectáculo une adrenalina, destreza e paixón polas motos.

Entre os participantes destacan o propio Torronteras e o cinco veces campión do mundo de FMX Maikel Melero, Javi Jabato, Fran Costela, Víctor Córdoba e o natural de A Coruña Jose Canosa “Mincha”, que agarda con gran expectación esta parada xa que saltará por primeira vez na súa terra.

A todo esto sumarase unha produción sen igual de son e iluminación, efectos especiais e espectáculo de lume e baile e a participación de Sergio Blanco, coñecido como DJ Beese, que acompañará todo o evento coa súa música.

As canles de venda oficiais son a propia web: www.soloflowfreestyle.com e Enxuro (Rúa da República Checa, 6, 15707, Santiago de Compostela) como punto de venda físico.

Pin It