Fermin Muguruza estará en Santiago en marzo de 2025

Foto: Carlos_Marti

Fermin Muguruza actuará en Santiago de Compostela o 15 de marzo de 2025, no marco dunha xira mundial na que celebrará as súas catro décadas de traxectoria musical. Será a única parada que o artista vasco, fundador de Kortatu e Negu Gorriak, faga no noroeste peninsular no marco do seu novo tour -o primeiro tras 11 anos sen realizar xiras internacionais- e as entradas para esta cita, que terá lugar no Fontes do Sar, sairán á venda o vindeiro martes, 25 de xuño, ás 09.00 horas a través do espazo web www.muguruzafm.eus

Pin It