Prepárate para darlle unha benvida ao verán como se merece nas Olimpiadas organizadas polo noso instrutor Pumi.
– Sábado 22 de xuño
– No Multiusos e na piscina Fontes do Sar
Haberá running en parellas, funcional, crosscircuit tríos, bodycombat remember e Zumba con Araceli. E para rematar ao grande, uns aperitivos e sorteo de agasallos.
Inscrición a partir do 3 de xuño ás 12h AQUÍ.
Agardámoste con toda a túa enerxía!